Na piscina municipal olímpica de San Ciprián comezarán o 2 de novembro os cursos da tempada 2016/2017.

Na piscina municipal olímpica de San Ciprián comezarán o 2 de novembro os cursos da tempada 2016/2017.
 
A piscina municipal olímpica de San Ciprián acollerá a partir do día 2 de novembro, mércores, os cursos da tempada 2016-17.
 
O edil José Ramón Soto anunciou hoxe que “a Concellería de Deportes de Cervo dará comezo o 2 de novembro aos cursos da presente tempada 2016-17 na piscina olímpica de San Ciprián, con 185 inscritos a día de hoxe, ademais dos membros  asociados as ANPAS, tanto do concello como doutras localidades da Mariña, como as de Burela, Alfoz e O Valadouro, que supoñen outros 230 participantes. Os cursos que se impartirán na única piscina olímpica da provincia de Lugo son: iniciación para bebés, a partir de 0 anos; iniciación e perfeccionamento, para nenos e adultos; aquagim, que é ximnasia na auga; natación específica para recuperación de lesións; preparación para probas e salvamento; natación para embarazadas; e actividades lúdicas”.
 
O concelleiro de Deportes engadiu que “no caso dos cursos para embarazadas poderán participar tanto as mulleres que son socias da piscina municipal como as non asociadas. O obxectivo do goberno local e do persoal da piscina é fomentar a natación, un deporte especialmente indicado para as mulleres durante o embarazo por varias razóns: axuda a eliminar os excesos de auga, fortalece os músculos que máis sofren antes e durante o parto, favorece a mobilidade e facilita a relaxación”.
 
José Ramón Soto tamén explicou que “as sesión específicas de natación serán planificadas polos monitores Ramiro Chaves, Lorena Da Silva, Rocío Cabaleiro e José Emilio Gómes Rocha. As persoas interesadas en anotarse nas actividades poden achegarse á piscina municipal para obter máis información ou chamar ao número de teléfono 982.59.45.12”.
 
Soto manifestou ademais que “con isto o Concello de Cervo pretende que os usuarios da piscina poidan rendibilizar máis, se cabe, as súas actividades acuáticas. Tamén queremos recordar a todas aquelas asociacións deportivas ou de outra índole da Mariña que se o desexan poden acudir ás nosas instalacións, contactando previamente coa información da piscina a través no número de teléfono da mesma indicado anteriormente”. 
 
E o edil de Deportes rematou comentando: “dende o Concello de Cervo, como non podería ser de outro xeito, seguimos a traballar polo deporte e benestar dos nosos veciños”.