San Román de Vilaestrofe (Cervo) celebra unha festa de Entroido este sábado, 21 de febreiro

A parroquia de San Román de Vilaestrofe, no municipio de Cervo, celebrará unha festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro, desde as 22:00 horas.

O Concello de Cervo anuncia que será “unha gran festa nocturna, organizada pola Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, da Asociación de Veciños de San Román e da Comunidade de Montes. A cita será a partir das 22:00 horas no Pavillón de San Román, cun desfile e festa amenizados polo Grupo JB Son e a Discomóbil Conxuro. Haberá importantes premios para adultos e público infantil. As inscricións poden formalizarse no teléfono 656.272.802”.