A asociación Saúde Mental A Mariña organiza unha cea baile benéfica para o 25 de abril en San Ciprián (Cervo)

A asociación Saúde Mental A Mariña organiza unha cea baile benéfica para o día 25 de abril, sábado. Será ás 21:00 horas na Praza dos Campos, de San Ciprián (Cervo) e estará amenizada por Discomóvil Conxuro.

“Xa podes mercar os tickets para acompañarnos neste gran día de celebración. Toma nota de onde o podes facer ata o 21 de abril: Restaurante O Noso Lar, de San Ciprián; Unidade Residencial A Mariña (Cervo); Residencia Resort Saúde Mental Cervo; e nos CRPL de Burela, Viveiro e Ribadeo”, anuncia a asociación organizadora, que tamén indica: “se non podes asistir ao evento pero queres colaborar podes contribuír mediante a Fila Cero”.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Cervo.