
Este venres, 8 de maio, tivo lugar o sorteo dos premios da campaña do Día da Nai de Acia Foz-CCA: unha obra de arte dunha artista local e 400 euros en vales de compra.
Os números premiados son os seguintes: o 17.140, agraciado coa obra de arte, foi repartido en Librería A Rapadoira; e os vales de compra de 100 euros cada un foron para os números 12.227, entregado en Pastelería Xoyma; 19.506, en Lencería Esther; 4.654 en Decoraciones Pura; e 3.206, en Librería Bahía.
O sorteo celebrouse esta mañá en Radio Foz. Foi conducido por Anxo Rivas e contou coa participación de José Carlos Paleo, o presidente de Acia Foz-CCA, e da xerente, Ana Segade. Desde Acia Foz-CCA agradecen “a fidelidade no comercio local unha vez máis para unha data tan especial como a do Día da Nai”.
Acia Foz-CCA contou para esta campaña coa colaboración de Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.


