
A Asociación de Veciños Santa Eulalia de A Devesa anuncia un espectáculo de circo que haberá nesa parroquia ribadense este sábado, día 29 de agosto, ás 20:00 horas. Será na explanada do Local Social con entrada de balde.
“Veciñ@s, familias... temos un planazo preparado para todos vós! Prepárate para mirar ao ceo e revivir a ilusión do circo coma cando eramos nenos! Agardámosvos para desfrutar xuntos dunha gran gala de circo espectacular co mellor ambiente do noso solpor. Vai ser un serán máxico cheo de pallasos, maxia, malabares, acrobacias aéreas e un montón de sorpresas máis que non te podes perder. Un espectáculo vibrante para todas as idades!”, anuncia a asociación veciñal da Devesa.
Nesta actividade colabora a área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.


