Nordés Faladora celebra o Día dos Océanos con escolares de O Vicedo e de Mañón. Será o 10 de xuño en horario escolar na praia de Esteiro.

Nordés Faladora celebra o Día dos Océanos con escolares de O Vicedo e de Mañón. Será o 10 de xuño en horario escolar na praia de Esteiro.
 
A asociación Nordés Faladora celebra o Día Mundial dos Océanos o 10 de xuño. Este ano o lema é Uns océanos sans, un planeta san e Nordés Faladora compartirá a xornada con nenos e nenas dos colexios CEIP O Vicedo e CEIP Francisco López Estrada de Mañón. Os actos terán lugar na praia de Esteiro, de Mañón, en horario escolar.
 
As actividades estarán guiadas por Antonio Martínez Pernas, técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais. Haberá unha pequena charla na que se abordará o problema dos plásticos no medio mariño, enfocando a actividade cara o problema dos microplásticos, a limpeza da praia e a medición da cantidade de microplásticos presentes no areal.
 
Nordés Faladora agradece a colaboración ás nenas e nenos, aos mestres e directores dos colexios, ao Concello de Mañón, a Protección Civil, a Cuarzos Industriais e aos voluntarios de Nordés. Se alguén está interesado en participar como voluntari@ para actividade pode poñerse en contacto con Nordés a través de asociación.nordes@gmail.com, no www.facebook.com/nordesfaladora ou no número de teléfono 653 756 454.