A 56 Travesía de Foz reunirá o 8 de setembro a 400 padexeiros de Galicia e de Asturias, co patrocinio da Deputación de Lugo.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou no Club Kayak de Foz, a 56 edición da Travesía de Foz, que terá lugar este sábado, 8 de setembro, a partir das 16:30 horas.O evento deportivo reunirá a preto de 400 padexeiros, competindo en máis de 250 embarcacións de 30 equipos, chegados de toda Galicia e de Asturias. Na presentación tamén participouo Presidente do Club Kayak de Foz, Nacho Romillo, xunto a outras autoridades.

O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta proba deportiva cunha achega 7.000 euros. Este investimento permite aorganización desta tradicional Travesía, a terceira proba deste tipo máis lonxeva de España e a segunda de Galicia, posto que se organizou por primeira vez no ano 1962 e, dende entón, veuse disputando de maneira ininterrompida ata a actualidade.

Campos Conde remarcou que “para o Goberno da Deputación é todo un orgullo poder patrocinar esta cita  deportiva que conta con tantos seguidores, tanto de Galicia como do norte Peninsular, e que xa é un todo un referente no mundo do piragüismo. Ademais, ao longo desta fin de semana, centos de persoas visitarán a vila de Foz, con motivo deste evento deportivo.Por iso, esta Travesía convertese nunha boa oportunidade para promover e dar a coñecer non só este municipio, senón tamén o conxunto da Comarca da Mariña, xerando, ao mesmo tempo, un importante retorno económico polo volume de persoas que reúne entre participantes e espectadores”.

Máis de 250 embarcacións
Máis de 250 embarcacións das modalidades K1, K2, C1 e C2 participarán o sábado a partir das 16:30 horas, nesta nova edición da competición, puntuable para a Liga Galega de piragüismo nas categorías sénior, xuvenil, cadete e veterano, masculinas e femininas. A proba pertence ao Grupo 1, converténdoa nunha das competicións con maior cantidade de puntos a repartir, e polo tanto do máximo nivel, dentro da Liga Galega.

30 equipos participantes
Os 30 equipos participantes nesta 56 edición da Travesía de Foz, son os seguintes: Club As Torres-Romeria Viquinga; Club Cofraria de Pescadores de Portonovo; Club de Mar Ría de Aldan-HermanosGandon; Club Piragüismo Cambados; Club Piragüismo Olivico; Club Piragüismo Ribeiras do Tambre; Club Piragüismo Viveiro; Club Depornautic Arousa; Club Deportivo Náutico de Miño; Club Deportivo San Ciprián; Club Fluvial de Avión-Catamarán Ribeira Sacra; Club Fluvial de Lugo; Club Fluvial do Barco; Club Kayak de Foz; Club Marítimo Tambo de Marín; Club Náutico de Cambre; Club Náutico de Cobres; Club Náutico de Pontecesures; Club Naval de Pontevedra; Club Piragüismo Cidade de Lugo; Club Piragüismo Narón; Club Piragüismo Río Verdugo; Club Piragüismo Altruan de Ribadeo; Club Piragüismo Fluvial de Allariz; Club Piragüismo Vilaboa; Club Ría de Betanzos; Escola Ourensá Municipal de Piragüismo; Escola Piragüismo Cidade de Pontevedra; Grupo Xuvenil-Matojoma; Sociedade Deportiva As Xubias.

Colaboracións coas entidades implicadas
A achega de 7.000 euros para a celebración da 56 edición da Travesía de Fozenmárcase na aposta do Executivo Provincialpolo deporte da piragua, con axudas aos clubs da provincia e a organización de diferentes eventos ao longo da tempada. Así, o Goberno da Deputación aposta pola celebración doutros eventos de piragüismo ao longo do ano, como por exemplo a Liga Provincial de Piragüismo, á que destina unha achega de 20.000 euros.

O Executivo Provincial tamén mantén unha colaboración coa Federación Galega de Piragüismo cun investimento de 85.000 euros, para o Programa de Promoción Provincial do Piragüismo, co que fomentar este deporte entre os rapaces e rapazas de toda a provincia achegando o piragüismo aos diferentes centros escolares.

Melloras de 200.000 euros en insfraestruturas deportivas de Foz
Campos Condelembrou que, trala inauguración do hangar que utiliza o Club Kayak de Foz, e que supuxo un investimento de 100.000 euros da Deputación; o Executivo Provincial achegou un novo investimento para os veciños da vila doutros 100.000 euros para dotar dun novo céspede natural ao campo de fútbol Martínez Otero de Foz, onde realizan os adestramentos todas as categorías deste club e que empregan máis de 300 rapaces do municipio, xa que tamén adestran as Escolas Deportivas e os alumnos do Colexio.