Abríu en Foz Canguro Express, unha empresa que ofrece servizos de coidado de nenos, maiores e mascotas ademais de tarefas do fogar.

A empresa Canguro Express acaba de abrir as súas portas en Foz, concretamente nas galerías comerciais Naray, que están na Avenida da Mariña, número 27, e na web www.canguroexpress.es. Trátase dun buscador de emprego para o fogar, que ofrece os servizos de coidado de nenos e maiores, limpeza e tarefas do fogar e coidado de mascotas.

O propietario e xerente desta empresa, Daniel Villarino Pena, di que “Canguro Express é unha axencia de traballo temporal especializada no fogar”.

Daniel Villarino detalla que “ten catro categorías: coidado de nenos, coidado de persoas adultas dependentes, tarefas do fogar e mascotas”. 

O responsable de Canguro Express explica que “basicamente o que facemos é enlazar xente que quere traballar nese sector con aqueles fogares que necesitan os seus servizos. Facemos unha selección dos mellores candidatos en base á experiencia, ás recomendacións e á formación e a partires de aí adaptamos os fogares que necesitan eses servizos de forma personalizada”.

Villarino Pena engade: “nós escoitamos as demandas de servizos e a partires de aí buscámoslle unha solución para ambas partes. Na páxina web xa levamos algún tempo funcionando; de feito xa hai xente que atopou traballo e a verdade é que estamos moi contentos porque é un paso adiante e unha confirmación de que somos unha empresa útil para a sociedade, que é o noso obxectivo: crear traballo e sobre todo satisfacer necesidades e resolver problemas”.

Daniel Villarino comenta tamén: “estamos na Avenida da Mariña, número 27, nas galerías comerciais. Temos dous teléfonos de contacto, o fixo é 982.13.07.63 e o móbil 648.16.79.54. Pero a mellor opción é visitar o local porque deste xeito podemos ofrecer un trato moito máis personalizado. Pero tamén na web www.canguroexpress.es os interesados poden crear un perfil; é moi sinxelo, de feito está guiado”.

O xerente de Canguro Express salienta que “ofrecemos unha cousa que é moi interesante, un servizo urxente para eses catro sectores: coidado de nenos, coidado de persoas maiores, tarefas de fogar e coidado de mascotas. Se se precisa de forma urxente e puntual en menos dunha hora poñemos unha persoa no seu fogar. Un exemplo práctico pode ser unha parella nova á que lle veñen uns amigos de Madrid que non sabían que chegaban, convídaos a cear e teñen un neno pequeno que non teñen con quen deixalo; chamarían a esta empresa, Canguro Express, e en menos dunha hora terían un profesional á súa disposición no seu fogar que cumpriría as demandas dos pais para coidar a ese neno”.

Esta empresa focense xurdiu dun curso de formación para emprendedores organizado en Mondoñedo pola Xunta de Galicia, a través da EOI.