Acia Foz sorteará 500 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín. Na cita participan 77 comercios.

ACIA/CCA de Foz organiza a súa campaña de San Valentín na que sorteará 500 euros en premios.

Nesta campaña participan un total de 77 comercios e as persoas que realicen as súas compras neses establecementos recibirán papeletas para entrar no sorteo, que se celebrará o 17 de febreiro (luns), a través de Radio Foz. 

Os premios consistirán nun vale de compra de 200 euros e outros seis de 50 euros cada uno. 

O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, fai unha invitación para aproveitar esta campaña que premia a fidelización dos seus clientes, que optan polo comercio local, para facer as súas compras para esta romántica cita. Paleo subliña que “o comercio focense ofrece unha ampla oferta para os agasallos do día dos namorados, que van desde os clásicos perfumes, roupa, calzado, complementos, xoias, flores, doces… aos relacionados coas novas tecnoloxías ou regalos orixinais e personalizados. Foz conta cun comercio variado para atender a toda a súa clientela”.

Con esta campaña do Centro Comercial Aberto colaboran nesta iniciativa: Concello de Foz e Xunta de Galicia.