AciaFozCCA pon en marcha a campaña Megavatio de Ouro, que repartirá 5.000 euros en premios en outubro.

AciaFozCCA organiza a campaña Megavatio de Ouro que se desenvolverá do 7 ao 27 de outubro e sorteará 5.000 euros en premios.

Un total de 33 establecementos participarán nesta campaña. Cada local sorteará 150 euros, o valor medio dun megavatio, en tres vales de compra de 50 euros. O sorteo celebrarase o día 28 de outubro en cada tenda e os vales de compra serán trocables ata o vindeiro 31 de decembro en calquera dos locais que se deron cita no Megavatio de Ouro.

Os locais participantes son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Óptica, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Electricidad Núñez, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Infotec, Isla, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Moda íntima, María Docampo, Mercería Vera, Milar, N1 Zapatillas, Pastelería Anduriña, Sueños, Suministros Veipa, Tien21 Celso, Vas´s, Vas´s Outlet, Viajes Rodríguez, Xanela Agasallos e Xoguetería Bahía. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “despois de días e días oíndo falar do prezo do megavatio dun xeito negativo e preocupante para todos nós, quixemos asociar esta palabra a algo positivo e pensamos nesta campaña na que cada local participante sorteará o prezo medio dun megavatio en tres vales de compra para gastar en calquera dos 33 establecementos que se sumaron a esta proposta. O obxectivo é dinamizar os negocios e a economía local ata finais de ano coas campañas que poñamos en marcha”.  

O concelleiro de Comercio e Actividades Económicas, Chema Linares, comentou que "con esta campaña continuamos impulsando o comercio local. Trátase de mover a economía do municipio e traballar na defensa, protección e consolidación do noso comercio". 

Colaboran nesta campaña: Concello de de Foz, Impulsa Foz e Xunta de Galicia. 

Na presentación participaron o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.