AciaFozCCA sorteará 1.500 euros en vales de compra na súa campaña do día do pai, que se desenvolve do 4 ao 19 de marzo.

AciaFozCCA sorteará 1.500 euros en vales de compra na súa campaña do Día do Pai. 

O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, contou que “todas as persoas que fagan as súas compras nos locais asociados a AciaFozCCA entre o 4 e o 19 de marzo recibirán papeletas para entrar no sorteo de 1.500 euros en vales de compra”.

Paleo explicou que “o 23 de marzo ás 11 da mañá en RadioFoz faremos o sorteo. En xogo poñeremos 1 premio de 500 euros en vales de compra e 5 premios de 200 euros cada un tamén en vales de compra”.

O presidente de AciaFozCCA dixo que “nestas datas para regalar aos pais, aos Pepes ou ás Pepitas atoparemos todo o que precisamos nos negocios locais que temos a carón das nosas casas”. E engadiu: “lembremos que o comercio fai pobo e a mellor forma de apostar e de apoialo é facendo as nosas compras en Foz”. 

Nesta campaña do Día do Pai AciaFozCCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.