A Acial organiza un Entroido virtual en Vilanova de Lourenzá. O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de febreiro.

A ACIAL organiza un Entroido virtual en Vilanova de Lourenzá e, dende hoxe, ata o 20 de febreiro ten aberto o prazo de inscrición.

As persoas interesadas poden anotarse no email acial.lourenza@gmail.com ou no whatsapp 686 569 822 mandando para elo unha foto da persoa ou persoas disfrazadas cos seus datos persoais. No caso de disfraces infantís o pai ou nai terá que facilitar tamén os seus datos no momento da inscrición. Os participantes so poderán apuntarse nunha categoría.

O concurso divídese en dúas categorías xerais: adulto e infantil, que establecen tres categorías cada unha delas, individual, parella e grupo, respectando as medidas decretadas pola situación sanitaria da Covid 19 vixente no momento da inscrición. A categoría infantil é ata os 12 anos e, no caso dos grupos, para ser considerados como infantís teñen que ser o dobre de nenos que de adultos.

Os premios, que consistirán en vales de compra para gastar nos establecementos pertencentes a ACIAL de Lourenzá, serán: en Individual de categoría Infantil, 60 euros para o 1º, 40€ para o 2º e 20 euros para o 3º; en Parellas de categoría Infantil, 80 euros para o 1º, 60€ para o 2º e 40 euros para o 3º; e en Grupos de categoría Infantil, 120 euros para o 1º, 100€ para o 2º e 80 euros para o 3º. Na categoría de Adultos Individual, os premios serán de 60 euros para o 1º, 40€ para o 2º e 20 euros para o 3º; en Parellas da categoría de Adultos haberá 80 euros para o 1º, 60€ para o 2º e 40 euros para o 3º; e en Grupos de Adultos entregaranse 120 euros ao 1º, 100€ ao 2º e 80 euros ao 3º. Haberá ademais un premio especial para o disfraz máis chistoso dotado con 50€.

O fallo do xurado coñecerase o Domingo de Piñata, día 21 de febreiro.