As actividades da X Run Foz Run desenvolveranse os días 11 e 12 de agosto. O prazo de inscrición para participar nas carreiras está aberto.

As actividades da décima edición da carreira Run Foz Run, que foron presentadas hoxe cun acto no que participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, desenvolveranse este fin de semana, sábado e domingo, no colexio Martínez Otero. O prazo de inscrición está aberto na páxina web championchipnorte.com e remata este xoves, día 9.
 
O sábado 11 ás 17:00 horas abrirase a feira do corredor e ás 19:00 horas comezará unha andaina solidaria e haberá música cun DJ. E o domingo 12 ás 10 da mañá empezarán as carreiras das categorías inferiores e ás 11:00 horas terá lugar a saída da proba absoluta.