A actriz Berta Ojea estará o 29 de novembro en Ourol para falar de María Casares

A actriz Berta Ojea estará o vindeiro 29 de novembro en Ourol para falar de María Casares, a quen coñeceu en París no ano 1989, forxando unha amizade que duraría anos. 

Desde o Concello de Ourol convidan “a todas as persoas que queiran coñecer a Berta Ojea a que se acheguen a Ourol o vindeiro día 29 de novembro, ás 18:30 horas ao Edificio Multiusos”. A entrada é libre e gratuíta. 

O título da charla que pronunciará Berta Ojea é “Mulleres, galegas, actrices”.