A A.D. Augas Santas e o Concello de Barreiros fomentan a práctica do atletismo.

A Asociación Deportiva Augasantas, recentemente creada, en colaboración co Concello de Barreiros fomenta a práctica do atletismo.

A A.D. Augasantas anuncia: “en colaboración co Concello de Barreiros, traemos unha actividade moi interesante para os nosos socios, neste caso para a sección de atletismo. Para fomentar a práctica deste deporte entre a xente adulta contaremos coa asistencia dun técnico deportivo un día á semana para asesoramento para principiantes, preparación de carreiras populares, mellora da condición física e técnica de carreira e adestramento grupal”.

Os interesados pode obter máis información contactando con calquera integrante da directiva da asociación, a través das redes sociais ou do correo electrónico a.d.augassantasbarreiros@gmail.com.