A AECC de Ribadeo abre todos os mércores do verán un rastrillo solidario nun local situado na Rúa Deputación.

A AECC de Ribadeo organiza todos os anos diversos eventos, dende mercadiños e concertos ata festivais de danza e carreiras. Desta vez realiza un rastrillo solidario a beneficio da loita contra o cancro, no que se poderán atopar diversidade de artigos a prezos moi interesantes.

Este rastrillo solidario estará aberto todos os mércores do verán na rúa Deputación, 28-baixo, en Ribadeo.