Alfoz acollerá un concerto de saxofón a cargo do director artístico e musical Juan Clemente Novo. Será o 15 de xullo no Castelo de Castrodouro.

O vindeiro domingo, 15 de xullo, as 12 horas no Castelo do Castrodouro, terá lugar un concerto de saxofón a cargo do director artístico e musical Juan Clemente Novo, profesor de saxofón do Conservatorio Profesional de Música Rodolfo Halffter de Móstoles (Madrid) e Profesor de saxofón do Conservatorio Superior de Música de Castilla y León. 

O concerto consistirá en obras de saxofón e piano, cuarteto de saxofóns e sexteto de saxofóns  interpretadas por alumnos de Ensinanzas Profesionais e Ensinanzas Superiores, un profesor de piano acompañante e a colaboración dunha actriz-narradora que acompañará con pequenos relatos pedagóxicos, sobre a orixe, historia e repertorio do saxofón as obras.

Con este concerto preténdese achegar ao público a través da palabra, a imaxe, a emoción e, sobre todo, a música, ás distintas épocas e estilos musicais máis representativos do saxofón.