Alfoz acollerá un curso básico de apicultura os días 26 e 27 de maio. Está organizado por AGA e colabora o Concello.

A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso básico de apicultura en Alfoz.

A actividade, que terá lugar os días 26 e 27 de maio, desenvolverase na Casa da Cultura de Alfoz.

As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 981 508 142, ou na web www.apiculturagalega.es e info@apiculturagalega.es.

Este curso é de balde para socios/as de AGA, e para o resto o prezo é de 50 euros. Colabora o Concello de Alfoz.