
Este mércores, día 17 de xuño, ás 18:30 horas, alumnado de danza clásica da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo ofrecerá unha actuación no Quiosco da Música do Parque de San Francisco ribadense.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade.
A actividade “constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes”, explica a EMMeD de Ribadeo.


