Andrea Barreira ofrece un obradoiro sobre relatos de terror no Valadouro o luns 23 de outubro

A Concellería de Cultura do Valadouro presenta o luns 23 de outubro ás 18:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo a actividade denominada ‘Terroríficas’. É un obradoiro de Andrea Barreira que combina a lectura e a escritura de relatos de terror. 

A través dunha perspectiva de xénero, crítica e creativa, quen participe viaxará a través de distintas autoras (Cris Pavón, Uxía Casal, Paula Carballeira, Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza...) pola literatura do medo e o misterio, o que lles permitirá construír o seu propio relato terrorífico. Esta actuación está inserida no programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, promovido pola Xunta de Galicia. É unha actividade especialmente indicada para nenos/as a partir de 10 anos.