Arrinca o 6 de outubro a programación do Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, para o último trimestre do ano. Obra Viva porá en escena "Casa Macho".

O grupo de teatro afeccionado Obra Viva porá en escena a obra Casa Macho o domingo, 6 de outubro, ás 20:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

A representación, para todos os públicos, está dirixida por Vicente Míguez Salgueiro que tamén é o autor. O elenco está formado por dezasete actores e actrices.

Narra a historia dunha familia que reflicte o desencontro ao tratar a relación interxeracional, patriarcado e denuncia machista. Trátase dunha aposta pola fala galega, denuncia social, reivindicación de valores humanos e mailo humor.

A función inclúese na programación cultural do Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, para o último trimestre do ano.