
A Asociación Cultural de Sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros realiza neste 2026 o Camiño Francés en 8 etapas. A primeira será este sábado, 18 de abril, entre O Cebreiro e Triacastela.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “temos preto de 30 persoas anotadas para dar comezo ás andainas deste ano, a través do Camiño Francés. Aquelas persoas que queiran anotarse aínda o poden facer poñéndose en contacto con nós a través do teléfono ou whatsapp 623 22 68 25”.
Gómez Puente conta que “neste 2026 decidimos facer a nosa peregrinación por etapas a Compostela a través do Camiño Francés. Será en 8 etapas durante os meses de abril, maio e xuño. Animamos a todas as persoas que queiran compartir esta experiencia con nós a que se inscriban tamén para as vindeiras etapas”.
Este sábado, 18 de abril, a saída está prevista para as 7 da mañá.
O presidente da Asociación Cultural de Sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros agradece “a colaboración un ano máis da Xunta de Galicia, que nos regala gorras e camisetas para a nosa expedición”. A presentación contou coa participación do delegado territorial da Xunta, Javier Arias.


