A asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, organiza a Festa da Árbore o 12 marzo para celebrar a chegada da primavera.

A partir das 12:00 da mañá na Área Recreativa da Fervenza de Viloalle en Mondoñedo inicianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades coa creación dun Mural do día da Árbore a cargo dos Veciños de Viloalle e con xogos infantís a cargo da Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo con Raúl á fronte.

Xa antes, e previa anotación no teléfono 605790091, haberá unha Andaina con saída ás 11h dende a Praza da Catedral e ata a Fervenza, con paso e parado na antiga Electricista Mindoninese.

Arredor das 12:45h plantaranse árbores frutaisnaÁrea Recreativa, momento no que se entregarán os premios aos carteis gañadores no XI Concurso de debuxo da Árbore. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas adicados á Árbore ou á Natureza durante a plantación e con acompañamento musical.Ademais, durante toda a xornada estarán expostos os debuxos participantes no “XI Concurso de Debuxo da Árbore”, realizado no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil Galiña Azul de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.

E como fin desta mañá festiva, Anxo Moure, o Carballo con Botas, contaranos a historia “Unha árbore ven a vernos”.

Pero as actividades da Festa da Árbore non rematan aquí, xa que pola tarde na Praza Jaime Cabot de Alcántara, plantarase outra árbore na propia praza ás 19:00h e, posteriormente ás 19:30h no Auditorio, o gran broche do día co Teatro familiar “Duncan de Palleiro”, de Lila Teatro e con entrada de balde.

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

Organiza: A.C. O Pasatempo
Colaboran: Concello de Mondoñedo, Veciños de Viloalle, Plataforma Comarca de Mondoñedo Unida, Asociación Abrindo Camiño e IES San Rosendo de Mondoñedo.