A asociación cultural Xebra organiza un obradoiro de baile tradicional e foliada para este sábado, 24 de febreiro, en Burela

A asociación cultural Xebra organiza un obradoiro de baile tradicional galego e foliada para este sábado, 24 de febreiro, en Burela. Será no local do colectivo, que está na rúa Leandro Cucurny, número 19, desde as 17:00 horas.

O evento comezará co obradoiro de baile, que será impartido por Iria Fernández Moscoso, e despois haberá unha foliada aberta.