Multisectorial

Etiquetas:
20/07/2017

A quinta edición da Feira Multisectorial, agora Foz Market, terá lugar do 16 ao 20 de agosto. Nesta cita que se desenrolará na explanada portuaria haberá festival de food trucks, salón do automóbil, actividades infantís e zona market. A feira está organizada por EsMarket coa colaboración de ACIA/CCA Foz e do Concello de Foz.

Ángel Rojo, representante de EsMarket, anunciou que “Foz Market se va a celebrar del 16 al 20 de agosto, después de las fiestas de San Lorenzo. Este año va a tener una continuidad al éxito del festival de Food Trucks que hubo el año pasado, ampliando un poco más la zona infantil. Va a haber un salón del automóvil con diferentes marcas de vehículos, Toyota, Kia, Lexus y alguna que más no puedo confirmar todavía porque estamos en ello. Va a haber también una zona de market tipo ibicenco con puestos de artesanía,...

leer más
Etiquetas:
10/02/2017

Todo está listo para a celebración da feira multisectorial Agora Xove, que arrinca mañá ás 11:00 horas co acto de inauguración no que participarán o actor e presentador da TVG, Roberto Vilar, o alcalde xovense, Demetrio Salgueiro e os tres empresarios homenaxeados nesta cita, que son Josefa Guerreiro, Telmo Mariño e Antonio Rey. 

Despois do acto inaugural dará comezo unha fin de semana chea de actividades na carpa de 1.200 metros cadrados, que acollerá Agora Xove, e tamén no pavillón deportivo. Ás 12:30 horas haberá unha charla a cargo de Rosa Lage, axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Xove, que falará sobre O apoio do Concello de Xove á creación de emprego.

A continuación degustación de produtos artesáns de Currimar, exhibición de corte, degustación de xamón e cata e degustación de viños a...

leer más
Etiquetas:
05/02/2017

Aciam e Concello homenaxearán o vindeiro sábado, día 11, a Josefa Guerreiro Álvarez, a Telmo Mariño Martínez e a Antonio Rey Álvarez. Será no transcurso da inauguración de feira multisectorial Agora Xove, que se desenvolverá a vindeira fin de semana. 
A feira arrincará coa inauguración a cargo de Roberto Vilar, actor e presentador da TVG, os empresarios homenaxeados pola súa antigüidade en empresas familiares que continúan na actualidade coa súa actividade, o alcalde xovense, Demetrio Salgueiro e o presidente da Aciam, Juan Carlos López. A organización de Agora Xove destaca de Josefa Guerreiro Álvarez “por ser a muller con máis anos de dedicación na súa empresa familiar, Panadería Casariego Guerreiro”, de Telmo Mariño Martínez “por ser o fundador de máis idade da súa empresa familiar, Motos Telmo” e de Antonio Rey Álvarez “por ser o fundador da empresa...

leer más
Etiquetas:
25/01/2017
O actor e presentador xovense Roberto Vilar, o alcalde, Demetrio Salgueiro, e os tres empresarios máis antigos da localidade serán os encargados de inaugurar o 11 de febreiro a feira multisectorial "Agora Xove".
 
Agora Xove, así se denomina a feira multisectorial que se celebrará en Xove os días 11 e 12 de febreiro, organizada pola Aciam e polo Concello. Serán medio cento de firmas as que participarán neste evento, que se desenvolverá nunha carpa de 1.200 cadrados e tamén no pavillón deportivo. Haberá desfiles, degustacións, catas de viño, demostracións de beleza e actividades para os máis pequenos. A inauguración correrá a cargo do actor e presentador xovense Roberto Vilar e do alcalde, Demetrio Salgueiro, xunto cos tres empresarios máis antigos da localidade e a clausura estará protagonizada polo desfile de moda de Catycris. 
 
Na presentación de Agora Xove, que tivo lugar esta tarde no salón de plenos do Concello, o rexedor agradeceu e felicitou á asociación de comerciantes de Xove “pola súa...
leer más
Etiquetas:
19/08/2016
Foz Market acolle a primeira concentración de Food Trucks que se celebra na Mariña. Ata o 21 de agosto, e con entrada gratuíta, os que acudan poderán disfrutar de gastronomía de autor, do salón do automóbil e dunha ampla zona ocio para os máis pequenos.
 
Onte abriu as súas portas na explanada portuaria Foz Market, unha nova edición da Feira Multisectorial que inclúe salón del automóbil con cinco marcas presentes, festival Food Trucks, espazo para os máis pequenos…
 
Neste 2016 a entrada á feira é gratuíta. O evento está organizado por Es Market coa colaboración do Centro Comercial Aberto de Foz, do Concello e da Deputación Provincial de Lugo. 
 
No acto inaugural o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, manifestou que “un ano máis estamos na inauguración da Feira Multisectorial de Foz, este ano é a súa cuarta edición con cambios substanciais tratando de mellorar e de ir adaptándose aos tempos. Hai que...
leer más
Etiquetas:
13/08/2015
Máis de 200 marcas estarán presentes la III Feira Multisectorial de Foz e da Mariña, que se celebrará do 20 ao 23 de agosto na explanada portuaria focense.
 
A III Feira Multisectorial de Foz celebrarase do 20 ao 23 de agosto na explanada portuaria, segundo anunciaron o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; o presidente de ACIA-CCA, José Carlos Paleo, e o responsable de Conoce Ferias, Ángel Rojo. O evento ten previsto reunir a máis de 200 marcas nunha superficie maior que noutras edicións, xa que este ano alcanza os 9.000 metros cadrados. 
O rexedor explicou que “o próximo xoves ás 12 da mañá iniciarase a actividade na propia feira e teremos a inauguración oficial, na que terán presenza representantes do Concello, da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, é dicir as administracións que colaboramos. Para o pobo é un evento importantísimo de fomento do comercio nun momento moi importante, de moita presenza e actividade no...
leer más