A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta pola Fraga de Vilapena (Trabada) o 27 de maio.

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta pola Fraga de Vilapena, no municipio de Trabada, para o 27 de maio, sábado. A distancia son 10,3 quilómetros e a dificultade é meida-baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no mesón Camiño Norte, de Trabada.

A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20 horas do 24 de maio, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 30 euros para os que non o son.