A asociación O Castelo celebra un magosto en Alfoz o 11 de novembro

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza o magosto que se celebrará no pavillón municipal de Alfoz o 11 de novembro, sábado, a partir das 21:00 horas.

Haberá chourizo, lacón asado, pan, castañas, viño, auga e café, ademais dunha actuación musical. Para participar hai que reservar a través dos teléfonos 657.109.592 ou 603.895.753. O prazo remata o 8 de novembro.

Para esta actividade a asociación O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.