A asociación O Castelo, de Alfoz, organiza unha andaina pola Fraga das Lerias para o 15 de outubro.

A asociación cultural e xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza para o día 15 de outubro, domingo, unha andaina pola Fraga das Lerias, continuando polo Canal dos Canoura e rematando no curro de Santo Tomé.

É un ruta de 8 quilómetros con dificultade media e a organización recomenda levar botas de montaña.

A saída será desde a Casa do Concello de Alfoz ás 09:30 horas, haberá servizo de autobús gratuíto e a ruta comezará ás 10:00 horas. Ao final da andaina os participantes degustarán un aperitivo.

A data límite para anotarse é o domingo 8 de outubro e as inscricións poden facerse a través dos teléfonos 603.895.753 ou 617.299.798.

Para a organización desta actividade a asociación O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz.