A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta ás Lagoas de Cospeito o 16 de outubro.

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta ás Lagoas de Cospeito ESTE sábado, 16 de outubro.

A saída será ás 9:30 horas da Estación de Autobuses de Burela e non é preciso anotarse previamente.

A organización informa que a ruta é moi recomendada para nenos, ten unha lonxitude de 10 quilómetros e un nivel de dificultade baixo. Ademais, como está a facer en todas as que organiza este ano, os participantes levarán os seus coches e a súa comida e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.