A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo en Aller (Asturias) do 22 ao 24 de setembro.

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo en Aller (Asturias) do 22 ao 24 de setembro. O sábado 23 farán a ruta Peña Mea, que ten unha distancia de 12 quilómetros e é de dificultade media alta. E o domingo percorrerán a ruta Foces del Pino, cunha distancia de 8 quilómetros e dificultade baixa.

A saída será o venres 22 ás 18:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 19 de setembro, chamando ao teléfono 647.06.70.54. O prezo é de 120 euros para os socios do colectivo organizador e de 140 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión incluíndo o xantar do domingo. As prazas son limitadas.