A asociación veciñal O Torques de Marzán (Foz) organiza unha cea baile para o 16 de marzo

A asociación veciñal O Torques de Marzán, en Foz, organiza a XXIV edición da súa cea baile de irmandade. Será o sábado 16 de marzo a partir das 21:00 horas no restaurante O Rincón do Mis. Estará amenizada polo dúo Epo-k e haberá sorteo de agasallos.

As prazas limitadas son limitadas e o último día de venda das tarxetas é o venres 8 de marzo.