Ata o 13 de decembro pódese visitar en Ribadeo a exposición sobre o Prestige "Tempo escuro", de Peter Schneider.

Esta tarde tivo lugar na Oficina de Turismo a inauguración da exposición "Tempo escuro", de Peter Schneider. Trátase dunha mostra de fotografías sobre a catástrofe do Prestige, que se abre en Ribadeo cando se cumpren 15 anos do afondimento do petroleiro fronte á costa galega. 

No acto desta tarde estiveron xunto a Peter Schneider os concelleiros de Cultura e Medio Mariño, Farruco Graña e Paz Ermida.

Esta exposición fotográfica poderá visitarse en Ribadeo ata o 13 de decembro de luns a sábado, en horario de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 19 horas polas tardes.