Ata o 25 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas e culturais da ACD Xove.

Ata o 25 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas organizadas pola ACD Xove para a tempada 2022-2023. As actividades darán comezo o 3 de outubro. 

Haberá escolas deportivas de xogos pre-deportivos, karate, patinaxe artística, fútbol sala, baloncesto, xadrez, atletismo-duatlón, bádminton, tenis de mesa, fitdance-pilates e surf. 

E tamén haberá escolas culturais de teatro e de pintura. 

Desde a ACD Xove lembran que todo o alumnado que desexe participar deberá ser socio da entidade. Aquelas familias que se queiran incorporar como socias deberá ponerse en contacto coa xunta directiva da asociación. A cota é de 10 euros ao mes por familia (en pagos semestrais).

Para poñerse en contacto coa xunta directiva o teléfono e whatsapp é o 618 97 61 50. Información e inscricións en www.acdxove.com