Ata o 27 de setembro poderase visitar no parque de San Francisco, en Ribadeo, a exposición "Xela Arias. A poesia do retrato".

Este venres, día 27 de agosto, inaugúrase a exposición Xela Arias. A Poesía do Retrato, con textos poéticos de Xela Arias e fotografías de Xulio Gil. Será no parque San Francisco, ás 13:30 horas, con música en directo a cargo do grupo sarriano Malditos Roedores. A mostra, organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recompila unha colección de textos poéticos da autora sarriá xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil, nos anos 80 e 90. Consta de vinte retratos e permítenos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. 

Esta exposición estará en Ribadeo ata o 27 de setembro.

Os días 27 e 28 celebraranse o terceiro e cuarto pases de Versión Fin. Concerto Audiovisual, un proxecto de Iván Torres Hernández con música en directo. Desenvolveranse ás 21:30 horas no Pazo de Cedofeita, o venres; e na Praza de Santa Catalina de Rinlo, o sábado.

E este domingo, 29 de agosto, rematará o ciclo musical Soa Forte coa actuación de Astra. Será no Forte de San Damián ás 20:30 horas. As entradas poderanse adquirir media hora antes do evento ao prezo de 3 euros. En caso de choiva trasladarase Cine Teatro.