Ata o 30 de setembro estará aberto o prazo de matrícula nas escolas deportivas de inverno do Concello de Ribadeo.

Ata o 30 de setembro estará aberto o praza de matrículas nas escolas deportivas de inverno, que organiza o Concello de Ribadeo. Vanse impartir once modalidades. 

A concelleira Mónica Freire explica que “outro ano máis vimos de abrir o prazo de matrícula das escolas deportivas desde onte, luns, e ata o día 30 deste mes. O inicio das actividades da comezo entre esta semana e o 14 de outubro. E o fin das escolas está programado entre o 19 de maio e o 14 de xuño”. 

A edil ribadense sinala que “este ano son once as modalidades deportivas ofertadas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hóckei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, ximnasia rítmica e tenis de mesa. As escolas deportivas de inverno están destinadas a nenas e nenos nados desde 2009 a 2018, ambos incluídos. Nas que teñen límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o 3 de outubro, tendo preferencia as/os empadroadas/os ou escolarizadas/os en Ribadeo”. 

A cota por escola deportiva será de 60 euros. 

Freire Rancaño anima “ás nenas e aos nenos de Ribadeo a participar nas escolas deportivas de inverno. O deporte é saúde, é esforzo, é constancia, é disciplina, é traballo en equipo en moitos casos e de xeito individual noutros. Hai once modalidades para poder escoller a que máis lles guste”. 

No acto de presentación da escolas deportivas de inverno participaron o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira Mónica Freire e o técnico municipal de Deportes, Iván López.