Ata o 31 de agosto ten lugar en Trabada un campamento infantil para rapaces con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

A Deputada de Economía e Facenda e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, mantivo un encontro cos 25 nenos que están a participar no Campamento Infantil Urbano, que organiza o Concello, e que financia o organismo provincial 8.000 euros, e que servirán tamén para realizar ciclos teatrais ou talleres de manualidades, entre outros. 

A Deputada explicou que “este completo programa de actividades culturais, que contribúe a conciliar a vida laboral e familiar dos veciños da vila, é unha oferta lúdica que esperta moito interese entre os máis pequenos do Concello”. 

García Bermúdez subliñou que os nenos que participan nesta iniciativa “realizan xogos educativos e musicais, de interpretación, artísticos, experimentais e de educación en valores; e desenvólvense no Pavillón deportivo da vila”. Osrapaces,con idades entre os 3 e 12 anos,desfrutarán desta programación ata o 31 de agosto.