Ata o 4 de agosto desenvólvese en Barreiros o campus da Fundación Celta de Vigo con moito fútbol e diversión.

Esta mañá deu comezo unha nova edición do campus de fútbol organizado polo Celta de Vigo e o Concello de Barreiros coa colaboración dos equipos de fútbol locais, C.F. Celta Barreiros e o Ibería C.F. que ceden as súas instalacións para o desenvolvemento do mesmo.

Con récord de participación e o 100% das prazas cubertas, 60 nenas e nenos foron recibidas esta mañá no campo de fútbol de As Valgas pola alcaldesa, Ana Ermida; o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García; e o coordinador do campus, Martín Varela. 

Ás 9:30 horas recibiron a equipación completa de adestramento e xa comezaron a tocar balón e facer os primeiros exercicios e xogos que os adestradores tiñan preparados para esta primeira xornada.

Un ano máis, o Concello de Barreiros asume un desconto de 32€ para ascrianzas empadroadas no municipio e que asisten a esta edición do campusfacilitándolles así un prezo reducido ás familias barreirenses.