A Aula CeMIT de Ribadeo organiza un obradoiro para que as persoas maiores aprendan a usar os smartphones. Será os días 18, 19, 23 e 24 de abril.

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza unha nova edición do obradoiro titulado Aprende a usar o teu smartphone.

Terá lugar os días 18, 19, 23 e 24 de abril, de 16:00 a 17:30 horas. As prazas son limitadas e para participar será necesario facer a preinscrición chamando ao 982 120 732 ou na propia Aula CeMIT.

Esta actividade desenvólvese en colaboración coa Fundación Vodafone, que ofrece varios cursos online. Está orientada principalmente a introducir ás persoas maiores xa non só no uso básico destes dispositivos, senón a mostrarlles tamén as múltiples vantaxes e posibilidades que lles abren en temas como seguridade, novas formas de lecer, as relacións cos demais ou a dispor dunha maior información. 

Os participantes terán a oportunidade de contar cuns dez smartphones como elementos de apoio ás clases, para permitir a práctica dos coñecementos que se van tratando.

Ademais tamén contarán cunhas guías en papel que conteñen o material didáctico básico que se explicará ao longo do curso.