A axencia Augasantas, de Ribadeo, reabre con atención telemática, pero mantén pechado o seu local ata que volva a normalidade no sector.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, acaba de reabrir con atención telemática, despois do parón ocasionado pola crise sanitaria do Covid-19. Pero manterá pechado o seu local na vila ribadense ata que volva a normalidade no sector das viaxes.

Viaxes Augasantas comercializa os produtos do sector que permite a situación actual, como billetes de avión, de autobús e de tren, ademais de paquetes vacacionais para os vindeiros meses con grandes ofertas.

Os clientes poden contactar a través do teléfono 676.445.465 (chamando ou vía whats app) e tamén no correo electrónico info@viajesaugasantas.es.