A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión a Covadonga e á Feira de Mostras de Xixón o 11 de agosto.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Asturias, concretamente a Covadonga e á feira de mostras de Xixón. Será o día 11 deste mes, sábado.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo, a comida e seguro asistencia de viaxe. O prezo é de 35 euros por persoa. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.