A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión á Feira do Butelo da Fonsagrada. Será o 15 de febreiro.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Feira do Butelo da Fonsagrada, que está declarada de interese turístico galego, e ao Museo Etnográfico de Grandas de Salime. Será o día 15 deste mes, sábado.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar con seguro de viaxe, almorzo en ruta, visita á Feira do Butelo da Fonsagrada con comida do típico cocido desa zona e entrada ao museo etnográfico de Grandas de Salime. O prezo é de 40 euros por persoa.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.