A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión a Lugo para participar nas festas do San Froilán. Será o 6 de outubro.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lugo para participar nas festas de San Froilán o día 6 de outubro, Domingo das Mozas.

A actividade inclúe a viaxe en autocar e o seguro obrigatorio de asistencia. O prezo é de 15 euros.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.