A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión a San Andrés de Teixido e á Coruña o 7 de xullo.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a San Andrés de Teixido e A Coruña, con visita ao centro comercial Marineda City. Será o día 7 de xullo, sábado.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo, a comida e o seguro de viaxe. O prezo é de 30 euros por persoa. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.