A Banda da Loba actuará en Viveiro o 28 de febreiro. Será no Teatro Pastor Díaz, onde presentarán o seu disco "Fábrica de luz".

A Banda da Loba actuará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o 28 de febreiro, dentro da súa xira Xaneiro-Febreiro 2020.

O grupo presentará o seu segundo álbum, Fábrica de Luz, no que, segundo explica a estradense Andrea Porto, baixista da formación, se sitúa na liña do primeiro, Bailando as rúas, cunha aposta musical ecléctica na que teñen cabida o folk, o pop, o rock e os ritmos latinos. As letras son, case que todas, propias e asinadas polas irmás Andrea, Marcela e Lara Porto, que xa teñen acadado diversos premios literarios pola súa traxectoria poética. Ademais varias das letras están inspiradas por outras autoras galegas que para o grupo son referente como Xela Arias, Celia Parra, Andrea Nunes e María Victoria Moreno.

O título do disco explican que “pretende ser unha reflexión e unha homenaxe á idea de nai entendida como xeradora de luz”.