A Banda de Música de Foz ofrecerá un concerto o 4 de outubro en San Pedro de Mor (Alfoz).

A Banda de Música de Foz ofrecerá un concerto en Alfoz o vindeiro domingo, 4 de outubro.
A actuación terá lugar a partires das 12:00 horas no campo da festa de San Pedro de Mor.

En caso de mal tempo trasladarase ao pavillón municipal.

O evento está organizado polo Concello de Alfoz e pola Deputación de Lugo, a través de Vicepresidencia e Cultura.