A Banda de Música O Landro ofrece o concerto de Santa Icía o 18 de novembro no teatro Pastor Díaz, de Viveiro

A Banda de Música O Landro ofrece un concerto na honra de Santa Icía o 18 de novembro, sábado, ás 20:30 horas no teatro Pastor Díaz, de Viveiro. A entrada é de balde.

A organización anuncia que será “un concerto tan especial coma fascinante baseado na investigación do musicólogo Javier Franco Juiz e narrado por el mesmo. Interpretaranse xoias do arquivo musical dunha banda de música con máis dun século de vida e baixo a dirección de Rodrigo Rodríguez Rodríguez”.