Barreiros celebrará o 26 de novembro a Gala final do circuíto de Carreiras Populares +KmsBarreiros

Barreiros celebrará a gala final do Circuíto de Carreiras Populares +KmsBarreiros o domingo, 26 de novembro, ás 19:00 horas no centro sociocultural de San Cosme na que se repartirán 700€ en metálico para as categorías de adultos e,obsequio final máis diploma de recordo para todas as categorías e todas as persoas que completaran 4 ou máis probas; 3 no caso de menores.

O circuíto +KmsBarreiros 2023 chegou ao seu fin o pasado domingo 12 de novembro coa celebración da última proba, a V carreira Ao son do Masma. Tras esta última carreira, a clasificación xeral do circuíto de carreiras populares de Barreiros deixa como gañadora da categoría feminina absoluta a Romina Reimondo do Toxiza Clube de Montaña, quen este ano logrou revalidar o título; seguida da súa compañeira de clube, Fátima López, e de Julia Salvado do ACADE, quen logrou o terceiro posto.

Na categoría masculina absoluta David Manuel Martinez, do Club Atletismo Lourenzá, foi o gañador. A segunda posición foi para Alex Villalba das Escolas Deportivas de Lourenzá e, completando o podio, Álvaro Picoda A.D. Augas Santas de Barreiros.

Esta edición do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros organizado polo Concello de Barreiros e que conta colaboración da área de deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e das asociacións locais: Colectivo Cultural Ollomao, Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado, A.D. Augas Santas de Barreiros, logrou unha importante cifra de participaciónchegando ás 751 persoas inscritas nalgunha ou en varias probas das que o compoñen: a Carreira Solidaria de Reis, 8 de xaneiro, a Carreira das Praias, 7 de abril, o ½ Km Vertical, 22 de xullo, a Benquerencia Terra Mar, 06 de agosto, o Trail Monte Comado, 15 de outubro e a carreira popular Ao Son do Masmacelebrada o pasado 12 de novembro.

Con estas cifras confírmase a boa acollida que está a ter o circuíto polo que o Concello de Barreiros seguirá apostando no 2024 polo deporte como un dos polos para desestacionalizar o turismo e fomentar os hábitos saudables entre a veciñanza.

As clasificacións poden verse ao completo na web maiskmsbarreiros.gal así como a través da propia app do circuíto.