Barreiros celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto que reunirá a tres corais o 17 de maio. Será no centro sociocultural.

O Concello barreirense celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto, que se celebrará mañá, 17 de maio, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Dará comezo ás 19:30 horas e contará coa actuación da Coral de Cangas, a Coral de Riotorto e a Coral de Barreiros.

A actividade está organizada pola Concellería de Cultura.