Barreiros celebrará o Día Internacional contra Violencia de Xénero o 25 de novembro cunha xornada de autodefensa para mulleres.

O Concello celebrará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha Xornada de autodefensa para mulleres ante situación de riscos ou ameazas. Será o 25 de novembro de 9 a 14 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ao remate terá lugar a lectura cun manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero. 

Desde a Concellería de Servizos Sociais sinalan que “se ofertaban 20 prazas e a día de hoxe aínda hai algunha libre. A participación nesta actividade é gratuíta”. As mulleres interesadas en acudir deben apuntarse no Departamento de Servizos Sociais. 

E engaden que “a  xornada consiste nun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións. Dito curso será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita”.

Tras o curso, a lectura do manifesto e o minuto de silencio terá lugar a entrega dos premios aos gañadores do III Concurso de Debuxo para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero. No centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro será onde se desvelen os nomes d@s afortunad@s. Tamén haberá obsequios para todos os participantes.