Barreiros conmemora o día mundial do teatro cunha representación de "Elixir de Xuventude", a cargo de A Adala o 25 de marzo.

A Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, organiza unha representación teatral para o vindeiro domingo, 25 de marzo.

Con motivo da celebración do Día Mundial del Teatro, o grupo A Adala porá en escena a obra Elixir de Xuventude. Trátase dunha comedia costumbrista. 

A representación terá lugar o 25 de marzo, ás 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.